2 días atrás
Unha nova actividade do Colectivo Cultural Ollomao Colectivo Cultural Ollomao Colectivo Cultural Ollomao aberta a persoas de calquera idade que compartan un interese común: o teatro.🎭 Recordámosvos as próximas datas do noso Obradoiro de Teatro impartido por Raquel López Cendán.
Podedes probar sen compromiso.
Seguro que vos gusta! 😊
🔗 Enlace de inscrición.
docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc2T6b764ZyLVpP7uI4JHdfKf8YfqnkzEfxwqcV4N5YGSAu_w/viewform
📩 Tamén no mail colectivo.cultural.ollomao@gmail.com ou por MD.
Animádevos! ... Leer MásLeer Menos
- Likes: 1
- Shares: 0
- Comments: 0
6 días atrás
🙋🏻♀️ Festivaleir@s e outras xentes de ben!!!
✍🏼 Seica hai moita ansia por axendar esta data, a da #feiraefestadamúsicaedaarte, a do festival máis lonxevo do noso país, a data do ano para os reencontros, as apertas, as tomas compartidas entre risas e algarabías varias 😵💫🙃 e o desfrute en xeral. Pois pilládesnos co traballo sen rematar peeero con toda a maquinaria en marcha, claro que si!!!
Anotade e partillade que non quede ninguén mirando para arriba 😃.
Os días 2, 3 e 4 de agosto de 2024 festaxeramos a XLV edición do Festival de Pardiñas organizado coma sempre e dende hai 45 anos pola Asoc C. Xermolos❗️
📢 iiiiiiiiiiiihaaaaaaaaaaaaa 🤸🏻♀️🤸🏽🤸🏻♂️
Ai Pardiñas dásme a vida!!!
#xermolos #FestivaldePardiñas #Pardiñas24 #XLVPardiñas ... Leer MásLeer Menos
6 días atrás
🎬 Ainda non presentaches a túa creación?
📣⏳ ÚLTIMOS DÍAS
Aquí vos deixamos as bases para esta próxima Semana de Cine de Lugo
xn--fonmia-0wa.es/gl/blog/bases-da-46a-semana-de-cinema-de-lugo-do-23-ao-29-de-setembro-de-2024
#semanadecinelugo #lugocine #cinelugo #aproldocine #aproldacultura ... Leer MásLeer Menos
2 semanas atrás
🎒🏰 Descubre o románico da provincia de Lugo con 17 rutas gratuítas organizadas pola Deputación de Lugo no mes de maio.
📅 Datas: 4, 5, 9, 11 e 12 de maio
👥 340 prazas en total, 20 por itinerario
🔍 Cada ruta estará acompañada dun guía oficial de turismo.
Reserva xa a túa praza! ... Leer MásLeer Menos
2 semanas atrás
O Colectivo Cultural Ollomao organiza o
I Concurso de "reels" pola igualdade: Ollo, Cámara...Acción!
INSCRICIÓN E BASES ONLINE
n9.cl/ollomaoinscricionebases ... Leer MásLeer Menos
2 semanas atrás
LUNS NICOLÓXICOS DE PRIMAVERAOs luns micolóxicos están de volta! Animádevos a participar! ... Leer MásLeer Menos
3 semanas atrás
Amigas e amigos da cultura:
Temos o pracer de convidarvos á presentación do libro “Mariña Inmaterial. Xeografías míticas e sagradas” de Rafa Quintía e editado por Ouvirmos, que terá lugar o sábado 27 de abril ás 18.00 horas, na Sala As Carboeiras do Concello de Cervo, situada no conxunto histórico-artístico de Sargadelos.
Este evento especial contará coa participación do autor Rafa Quintía, Manolo Miranda, presidente da asociación Mariña Patrimonio e Irene Sineiro, editora. Entre todos exploraremos o rico patrimonio inmaterial da Mariña Lucense, destacando a importancia de preservar as nosas tradicións e lendas para as xeracións vindeiras.
Esperamos contar coa vosa presenza para celebrar e reafirmar o noso compromiso co patrimonio cultural inmaterial. ... Leer MásLeer Menos
3 semanas atrás
📍Anota datas porque o mes de MAIO vén cargado de actividade co Colado do Vento 🌿
✅ Sábado, 4 de maio: ruta pola ribeira de Barantes. En breve enviamos información detallada.
✅ Domingo, 19 de maio: xornada de visitas ao Patrimonio de Carballedo, incluíndo o Pazo de Cartelos. A esta hai que anotarse; enviaremos información.
✅ Venres, 24 de maio: Cinefórum na Casa da Cultura.
✅ Domingo, 26 de maio: visita histórica sobre a Escola de Pinol.
#coladodovento #visitas ... Leer MásLeer Menos
Quenes somos?
Equipo de traballo centrado na proxección da cultura lucense, no achegamento do público aos eventos culturais e na posta en valor do patrimonio cultural.
Que facemos?
Promocionar o capital cultural da provincia de Lugo, fomentar o seu descubremento, promocionar a súa visita, divulgar o seu valor e concienciar sobre a súa capital importancia.
Como o facemos?
Selección, redacción e difusión de información de índole cultural, transmisión de eventos das asociacións lucenses , elaboración de revistas dixitais e organización de actividades culturais.