A 39ª edición da Semana Internacional de Cine de Autor celebrarase en Lugo do 18 ao 23 de setembro de 2017

A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na súa edición número XXXIX vaise celebrar en Lugo do 18 ao 23 do próximo mes de setembro, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, e co apoio da Deputación Provincial  de Lugo, Concello de Lugo e Vicerreitoría de Lugo da Universidade de Compostela. Esta XXXIX edición estará dedicada a Victoriano López García (un grande do cine español) e a Mondoñedo e o cine.

Para esta celebración, Fonmiñá recibiu máis de 1.500 películas de todos os países do mundo, a través das plataformas en Internet  Click for festivals, Festhome e Independientes. Nestes momentos, a organización está a traballar na selección de arredor de 100 títulos para a programación da Semana.