A ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS ORGANIZA EN LUGO AS IV XORNADAS SOBRE BAILE TRADICIONAL

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as IV Xornadas de Baile Tradicional, patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura,  que terán lugar en Lugo o  día 22 de outubro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.15 horas.  Estas xornadas están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.

Nestas xornadas participan estudosos de gran prestixio dentro da cultura tradicional como son Carlos Xosé Vidal, Olga Kirk e Francisco Feijoo (Xisco),  que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes mais característicos da tradición galega.

A asistencia a estas xornadas será de balde. As prazas son limitadas por orde inscrición. Para poder asistir é imprescindible a inscrición previa ben a través de correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal , o ben a través de teléfono no número 982 229 966.

Lugar: Tradescola – Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO)

Programa das VI Xornadas de Baile Tradicional

11.15h – Recepción participantes e apertura da Xornada

11.30h – Relatorio- Obradoiro

Carlos Xosé Vidal – Val da Barcala – O rabo do raposo

13.30h – Xantar

16.00h – Relatorio – Obradoiro

Olga Kirk – Bailando Maneo

18.00h – Descanso

18.15h – Relatorio – Obradoiro

Francisco Feijoo (Xisco) – Ribeiranas do Condado

20.15h – Peche das xornadas