A Real Filharmonía de Galicia visitará Lugo en dúas ocasións durante este mes de marzo

rfl

A Real Filharmonía de Galicia visitará Lugo en dúas ocasións durante este mes de marzo. A primeira data será o día 4, coa dirección do inglés Nicholas Kraemer, interpretando un popular programa barroco co que uns días despois se presentará no prestixioso festival Bilbaíno Musika-Musica. A RFG regresará a Lugo o día 26 de marzo, nesta ocasión dirixida por Andrew Gourlay e acompañando á virtuosa violinista rusa Alina Pogostkina, gañadora do concurso Sibelius de Helsinki, un dos máis prestixiosos no mundo.

Ambos os dous concertos forman parte da tempada de concertos da Sociedad Filarmónica de Lugo.