Presentación da segunda edición do Circuito de Teatro Profesional da provincia de Lugo

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou as bases para arrincar a segunda edición do Circuito de Teatro Profesional da provincia de Lugo. O responsable de Cultura na Deputación de Lugo,o nacionalista Xosé Ferreiro, presentou estas bases que sairán publicadas na vindeiras semanas no BOP. No Circuito poderán participar todos os grupos de teatro profesional con residencia na provincia de Lugo, que estean legalmente constituídos baixo a forma de empresa, comunidades de bens ou de asociacións culturais e que realicen tanto os ensaios como a súa actividade habitual na provincia de Lugo.

Aqueles responsables de concellos, grupos ou compañías interesados en recibir máis información poden obtela chamando ao 982 260 180, escribindo ao enderezo electrónico ana.culturaedeporte@deputacionlugo.org ou acudindo directamente ás oficinas da Área de Cultura da Deputación no Pazo de San Marcos.