ACHADA UNHA SAUNA CASTREXA EN SAN CIBRAO NO CONCELLO DE CERVO

Achada unha sauna castrexa en San Cibrao. Apareceron na Atalaia e esperase a resolución de Patrimonio da Xunta de Galicia.

As saunas castrexas son un tipo de edificio característico dos castros do noroeste da Península. Galicia posúe o grupo máis importante dos conservados, ata 6 saunas.
O seu orixe remontase á Idade do Ferro, cando construíronse os máis antigos conforme a un patrón común que se manifesta tanto na sorprendente semellanza das súas proporcións como na selección dos emprazamentos.

Este modelo primitivo de planta rectangular e cunha ábsida na cabeceira contaba cun forno, cámara de vaporización e un pequeno vestíbulo.

Na época romana constatábase a evolución diverxente das vellas saunas cara a edificios funcionalmente diversos segundo manteñan a fidelidade ao baño de vapor tradicional ou ben adaptábanse a prácticas balnearias probablemente importadas e que requirían, pola súa dependencia da subministración hidráulica, a instalación de canalizacións, piscinas ou estanques de gran capacidade.

Estes edificios, interpretados recentemente como santuarios, en relación con entidades de natureza acuática e telúrica, manteñen unha estreita vinculación coas grandes casas de asembleas comúns nos castros galegos e do norte da Península, e deberon posuír unha notable relevancia na liturxia social dos pobos indíxenas pois albergarían o corazón mesmo da institución política que constituía a comunidade castrexa.