Concerto da Banda Filarmónica de Lugo

concierto_filarmonica_post

A Banda Filarmónica de Lugo, baixo a dirección de Iván Martínez Sabio, ofrecerá un concerto no Círuclo das Artes de Lugo o vindeiro sábado 20 de decembro (2014), ás 20:30 horas, co fin de mostrar algunhas das distintas tendencias musicais nestes últimos anos.

Programa

Ola Gjeilo – Meridian

Trátase do seu 2ª obra para banda sinfónica tras The Spheres (2008) e é de estilo minimalista. Neste concerto escoitaremos a versión con coro e a súa letra cóntanos a idea dunha liña imaxinaria infinita, un meridiano, que atravesa os nosos corpos e conecta a todos os habitantes do planeta. Segundo o propio autor, esta peza recibe influencia da música jazz-fusión de Keith Jarret e das sinfonías de Shostakovich.

Franco Cesarini – Danzas Búlgaras

É unha rapsodia baseada na música popular da rexión de Tracia. Componse a partir de melodías vocales que resultan complexas para a linguaxe clásica occidental. A obra está dedicada a Alfred Reed e é unha homenaxe ás súas coñecidas Armenian Dances (1972).

J. Miguel Fayos Jordán – Ecos dun Mundo Distante

A composición está inspirada no mito da caverna de Platón. Esta peza de linguaxe contemporánea é un estudo tímbrico que describe as sombras deformadas que podemos ver desde o interior da mítica caverna, que retrata ata a humidade propia dunha cueva ou a mestura de ruídos e sons que habitan nela.

Arturo Márquez – La Conga del Fuego Nuevo

A conga é unha danza popular cubana de orixe africana que se caracteriza polo ritmo sincopado e polo seu carácter alegre. La Conga del Fuego Nuevo dáa a coñecer a nivel mundial Gustavo Dudamel e a Moza Orquesta Simón Bolívar de Venezuela na súa vira europea de 2007. O arranxo para banda que escoitaremos neste concerto realízao o compositor e director alemán Oliver Nickel en 2011.