Convocado o XLI Certame nacional de Poesía sobre O Nadal

O Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén Electrónico begontino, ven de convocar, co patrocinio de Abanca, a XLI edición do Certame nacional de Poesía sobre o Nadal, co fin de potenciar o espirito do Nadal, e que se coñezan mellor os actos que con este motivo se celebran en Begonte.

A este certame poden concorrer todos os poetas que o desexen, con textos en galego ou castelán, que aborden o tema de O NADAL, desde calquera punto de vista, valorándose os textos que fagan referencia a Begonte e o seu Belén. É libre a construción dos poemas e a medida dos versos.

Concederase o Premio Begonte de Poesía, dotado con 600 € e estatuiña de Sargadelos, e un segundo premio, dotado con 300€ e igual estatuíña.

A remisión dos traballos farase por triplicado exemplar ao Centro cultural de Begonte (Lugo), tanto persoalmente como por correo certificado, antes das doce horas do próximo seis de xaneiro. Todos os traballos han ser presentados con plica, facendo constar dentro dela os datos persoais do autor.