Acto en lembranza do poeta paradelense Manuel Rodríguez López

febreiro, 2015

ven27feb12:00- 13:00Acto en lembranza do poeta paradelense Manuel Rodríguez López12:00 - 13:00 Ctra. Ferreiros, S/N 27611 Paradela Lugo Colexio Público de ParadelaEvento organizado por: GALICIA DIGITALTipo:Outro

Mais

Detalles do Evento

O próximo venres, 27 de febreiro (2015), vaise celebrar no Colexio Público de Paradela un acto en lembranza do poeta paradelense Manuel Rodríguez López, co gallo de terse cumprido (13-2-2015) o vintecinco aniversario do seu pasamento.

Ás doce da mañán, abrirase para os alumnos do colexio a exposición Manuel Rodríguez López, emigrante galego-poeta obreiro que, dentro do Proxecto Manuel Rodríguez López, ten xa sido presentada en Lugo, Santiago, A Coruña, Vilalba, Begonte, Sarria, Portomarín, Barcelona, e mesmo en Paradela onde comezou o seu percorrido itinerante. Nesta ocasión, a exposición acode ao Colexio da capital do concello, onde todos os alumnos recibirán cadanseu exemplar da Antoloxía poética de Manuel Rodríguez, xunto co folleto que recolle íntegros os contidos da exposición.

O proxecto Manuel Rodríguez López, impulsado por Galicia Digital xunto coa familia do escritor, conta co apoio do Concello de Paradela, Deputación Provincial de Lugo-Vicepresidencia 1ª, Xunta de Galicia e Real Academia Galega.

Tempo

(Venres) 12:00 - 13:00

Localización

Colexio Público de Paradela

Ctra. Ferreiros, S/N 27611 Paradela Lugo

Evento organizado por

GALICIA DIGITAL