A Deputación renova un convenio con Amigos dos Cruceiros

A Deputación de Lugo renova o convenio coa Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas, cuxo presidente é Fernando Arribas, polo que o ente provincial achega á asociación unha axuda económica para poder seguir realizando estudos e investigacións sobre os cruceiros.