Nova edición das Foliadas de Outono de Castiñeiro Milenario

A xornada foliadeira celebrarase o sábado día 1 de decembro de 2018 e comezará cun tempo adicado á aprendizaxe da #música tradicional. Nesta ocasión cun #obradoiro de bombo que impartirá Miguel Anxo López “Chino”, recoñecido percusionista na escena da música tradicional. O obradoiro empezará ás 19:30 horas e terá unha duración aproximada de 90 minutos. Para @s asociad@s de Castiñeiro Milenario será de balde e un custe de 10€ para os non asociad@s. É preciso apuntarse se queres asistir e podes facelo enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com ou chamando ao 616705174.

Despois do tempo de formación, comezará a #foliada propiamente dita a partir das 21:30 horas coa presenza dos dous primeiros grupos: “Os Miñocas” e os “Airiños da Terra Chá”, dirixidos por Brais Monxardín. Os marabillosos cantareiros de Trevellos porán peche á foliada oficial e despois comezará a foliada aberta.

¡Toda a info aquí!