O Congreso Internacional de Arqueoloxía do ouro terá lugar os días 7, 8 e 9 de novembre

Está xa aberto o prazo para as inscricións no Congreso Internacional de Arqueoloxía do ouro que terá lugar en Lugo os días 7, 8 e 9 de novembro de 2018. As inscricións deben realizarse a través da web oficial e do formulario correspondente.

Este congreso vaise desenvolver segundo o programa que se acompaña.

MÉRCORES 7

19:00 h. Presentación oficial do congreso.
Conferencia inaugural:
Marcos Martinón-Torres. O ouro de El Dorado: verdades e mentiras sobre unha historia lendaria.

XOVES 8

9:00-9:30h. Recepción de participantes e apertura do congreso científico

1ª SESIÓN TEMÁTICA: Terra auris. Paisaxe aurífera e circulación do ouro.
Modera: Marcos Martinón-Torres.

9:30-10:00h. Chris Standish: O uso da xeoquímica isotópica na localización da circulación prehistórica do ouro: visións desde Irlanda e Gran Bretaña.
10:00-10:30h. Ernst Pernicka: Ferramentas xeoquímicas en busca do ouro.
10:30-11:00h. Oscar García Vuelta: Evidencias de intercambio e acumulación de metais preciosos no noroeste peninsular entre o final da II Idade do Ferro e o comezo da romanización: os lingotes plano-convexos.
11:00-11:30h. F. Javier Sánchez-Palencia, Brais X. Currás, Damián Romero: O bateo dos praceres fluviais como explotación e prospección en tempos prehistóricos e antigos.

11:30-12:00h. Pausa café.

2ª SESIÓN TEMÁTICA: Tecnoloxía da ourivería antiga: novas contribucións.
Modera: Xosé Lois Armada.

12:00-12:30h. Bárbara Armbruster: Ouro nos comezos da metalurxia: ourivería no cemiterio calcolítico de Varna, Bulgaria.
12:30-13:00h. Alicia Perea: Mestres ourives ibéricos. Universos tecnolóxicos.
13:00-13:30h. Marcos Martinón-Torres: Análise comparativa da composición química da ourivería prehistórica do Noroeste.
13:30-14:00h. Xosé Lois Armada: Novas contribucións ao estudo da tecnoloxía do ouro castrexo: as arracadas.

14:30h. Comida de traballo.

16:30h. Mesa redonda: Arqueoloxía do ouro. Presente e futuro da investigación da ourivería antiga. Modera: Thomas Schattner. / Debate.
18:00h. Sesión pósters: visita e presentación dos pósters aportados e/ou visita mostra temporal sobre a colección de ourivería antiga do MPL.
19:00h. Novidades museográficas da colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo. Visita á sala 8 de MPL con explicación técnica a cargo de Aurelia Balseiro.

VIERNES 9

3ª SESIÓN TEMÁTICA: O ouro e os sentidos. A ourivería como símbolo, relaciones de identidade, xénero, poder/prestixio.
Modera: Aurelia Balseiro.

9:30-10:00h. Jody Joy: O novo brillo dun vello tesouro: os torques áureos de Snettisham en contexto.
10:00-10:30h. Thomas Schattner: Iconografía na arte castrexa: modelos, usos, hábitos.
10:30-11:00h. Raquel Vilaça: O ouro e o corpo. Contextos e estratexias sociais entre o III e o I milenio a. C. no territorio portugués.
11:00- 11:30h. Mary Cahill: Imaxes solares na Idade do Bronce da Antiga Irlanda.

11:30-12:00h. Pausa café.

4ª SESIÓN TEMÁTICA: A ourivería antiga na sociedade actual: estratexias de investigación e difusión.
Modera: Beatriz Comendador.

12:00-12:30h. Alison Sheridan: Ouro na aurífera Gran Bretaña, 2450-800 a.C.: cara a unha estratexia e marco de investigación.
12:30-13:00h. Laura Hernández Alcaraz: O tesouro de Villena. Achegamento ao seu coñecemento a partir da acción didáctica e informativa.
13:00-13:30h. Aurelia Balseiro: Ourivería antiga do MPL: coleccionismo, patrimonio e identidade.
13:30-14:00h. Beatriz Comendador: O ouro mitolóxico: o aspecto antropolóxico e a súa aplicación ao estudo e difusión da ourivería antiga.

14:30h. Comida de traballo.

16:30h. Mesa redonda: Ourivería antigua: Cal é a pedra filosofal na alquimia do seu coñecemento?
Modera: Raquel Casal García. / Debate.
18:00h. Entrega de diplomas aos asistentes. Conclusións e clausura.
19:00h. Visita ao Lugo Arqueolóxico, con explicacións técnicas a cargo de Ana Goy.