Obradoiros do Club Sénior da Rede Museística da Deputación de Lugo

Desde o pasado luns, día 6, ata o 15 de febreiro está aberto o prazo de inscrición gratuíta  no Museo Provincial de Lugo para participar en dous obradoiros sobre pintura e memoria dirixidos aos membros do Club Sénior da Rede Museística da Deputación de Lugo. Estes obradoiros son Pintamos e creamos e Memoria.

  • Pintamos e creamos versará sobre como funciona a cor, como se representa a forma e que debemos ter en conta á hora de pintar un cadro.Calendario: Todos os xoves, desde o 16 de febreiro ao 27 de abril de 2016.

    Horario: de 17:00 a 18:15 h.

    Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo (desde o 6 ao 15 de febreiro).

  • Memoria versará sobre a memoria visual e a auditiva; onde almacenamos as lembranzas.

    Calendario: Todos os xoves, desde o 16 de febreiro ao 27 de abril de 2016.

    Horario: de 18:30 a 19:15 h.

    Inscricións: Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo (desde o 6 ao 15 de febreiro).