Paco Nogueiras estará este sábado ,na Casa-Museo Manuel María, co seu espectáculo musical “Radio Bulebule”

A actuación comenzará ás 18:00 horas

O medio radiofónico é o inspirador deste espectáculo recollido tamén nun libro-CD composto de doce cancións en que a modo de programación dunha peculiar emisora non faltan a sintonía de entrada, a axenda cultural, o faladoiro, o magazine de variedades, a música, as noticias, o deporte, a previsión metereolóxica…

Paco Nogueiras convidará ás persoas que se acheguen a participar e a vivir en directo dunha radio itinerante, ambulante e cantante, chea de colorido e expresividade, e con composicións e melodías de ritmos modernos, pegadizos e bailábeis.

O espectáculo está recomendado para nenas e nenos entre os 5 e os 11 anos, as súas familias. As persoas interesadas en asistir poden reservar a entrada a través do seguinte correo: contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Máis información:  

Paco Nogueiras: 686306515

Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María: 616190349