Política de Privacidade

Política de Privacidade

I. POLÍTICA DE PRIVACIDADE

A UNIVERSIDADE NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA (en diante UNED) está especialmente sensibilizada na protección dos datos persoais dos Usuarios e dos servizos aos que se accede a través da súa Web.

Mediante a presente Política de Privacidade a UNED informa aos Usuarios do sitio www.lugo.uned.es do tratamento e usos aos que se someten os datos de carácter persoal que se solicitan na Web, co fin de que decidan, libre e voluntariamente, se desexan facilitar a información solicitada.

A UNED e o Centro asociado de Lugo resérvanse a facultade de modificar esta Política co obxecto de adaptala a novidades lexislativas, criterios xurisprudenciais, prácticas do sector, ou intereses da entidade. Calquera modificación nesta será anunciada coa debida antelación, co fin de que o Usuario teña perfecto coñecemento do seu contido.

Certos servizos prestados no portal poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais, podendo informarse nos correspondentes apartados.

II. TITULARIDADE DO TRATAMENTO

Os datos de carácter persoal que poidan ser subministrados a través do sitio Web serán incorporados a ficheiros de titularidade do Centro Asociado da UNED de Lugo debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

III. CONSENTIMENTO DO USUARIO

Mediante a presente política o Usuario manifesta que coñece, consente e autoriza expresamente a incorporación dos seus datos de carácter persoal ao tratamento dos seus datos cos fins expresados.

IV. USOS E FINALIDADES

A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais é a xestión, prestación e personalización dos servizos e contidos deste que o Usuario utilice.

V. COMUNICACIÓN DOS DATOS

Os datos solicitados a través da Web só serán cedidos naqueles casos en que expresamente se informe diso ao Usuario.

VI. SEGURIDADE DOS DATOS E UTILIZACIÓN DE COOKIES

A UNED adopta as medidas de seguridade, segundo o disposto nos artigos 89 a 114 do Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (RLOPD). Así mesmo adopta a medidas, técnicas e organizativas, que garantan a seguridade dos datos de carácter persoal e evitan a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

A UNED emprega cookies cando o Usuario navega pola súa páxina Web, que son activadas dende o servidor www.lugo.uned.es

As cookies son pequenos ficheiros de datos que conteñen certa información da visita ao sitio Web. A UNED utiliza cookies unicamente co fin de facilitar a navegación dos Usuarios e sen que en ningún caso sexa posible asociar tales cookies aos datos persoais concretos dos Usuarios nin identificar estes a través daquelas. Os Usuarios teñen, non obstante, a posibilidade, existente na maioría de navegadores Web, de desactivar ou eliminar estas cookies.

VII. DEREITOS DOS USUARIOS

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Usuario poderá exercitar, en calquera momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, enviando un escrito, acompañado dunha fotocopia do seu DNI, á seguinte dirección:
Consorcio Centro asociado UNED Lugo. Rúa Cántigas e frores, 31. CP 27002 de Lugo.