PREPARÁNDONOS PARA UN ANO CARGADO DE TEATRO

Actualmente estamos levando a cabo un importante proceso de formación interna, que nos axudará a afrontar todos os proxectos novos que poñeremos en funcionamento neste ano.

Os Hipócritas nunha das xornadas de formaciónOs Hipócritas nunha das xornadas de formación

A formación permanente ao longo deste curso pretende ser un laboratorio onde os actores e actrices investiguen sobre a expresividade do corpo e da voz. Comezamos cunha posta a punto corporal e imos introducindo novos elementos que permiten afondar no feito teatral, mellorando así as capacidades creativas, expresivas e comunicativas.

O curso que estamos levando a cabo agora mesmo é eminentemente práctico e parte da concepción do corpo como ferramenta básica do actor. A través da expresión corporal e do xogo teatral, aprendemos a gozar do noso corpo, a liberar tensións e a deixarnos levar pola nosa imaxinación, axudándonos deste xeito a dispoñernos para un traballo de interpretación  que vaia máis alá do propio texto.

En un breve período de tempo compartiremos con todos no noso blog o novo calendario de actividades.

Autor da información: Hipócrita Teatro