Primeira Feira Medieval en Cervantes

O día 21 de setembro no Castelo de Doiras, no Concello de Cervantes, farase a súa primeira Feira Medieval, organizada pola Asociación Xuvenil “A Cambela”. Haberá mostras en vivo de teatro, poesía e cestería. Ao remate da xornada ofrecerase unha cea medieval, para acudir a esta cea é necesario reservar praza no número: 699687894.

A fortaleza acollerá actividades durante todo o día e recoméndase ir caracterizado con roupa de época

O castelo de Doiras data de finais do século XIV, atopase na converxencia do río Cervantes co río da Cancelada. Do castelo conservase a Torre do Homenaxe, a muralla ao redor que delimita a área do castelo, o patio de armas, unha torre de defensa circular e unha serie de estruturas emprazadas no patio de armas, entre as que sobresae o alxibe.

PROGRAMACIÓN

11:00 horas: Exhibicións de oficios tradicionais: cestería, la, pedra e coiro.

13:00 horas: Exhibición de cetrería a cargo de Águilas de Valporquero (León).

14:00 horas: Pulpada.

17:00 horas: O investigador Xabier Moure explica a historia da fortaleza.

18:00 horas: Obra teatral sobre lendas do Castelo.

19:00 horas: Exhibicións de cetrería.

20:00 horas: Música a cargo das agrupacións Os Xardois e Gaioleiros.

21:00 horas: Entrega dun premio á mellor caracterización da época.

21:30 horas: Cea medieval de gala.