Xosé Otero Canto, Premio de poesía “Begonte e o Nadal”

Carlos López Fernández, 2º premio, e mencións de honra para Rosa Piñeiro e Lucía Penalonga
Xosé Otero Canto, natural de Ponte de Outeiro e veciño de Lugo, co poema

O vento é un moinante (Cantiga para dormir ao neno), foi o gañador do XL

Certame Nacional De Poesía sobre O Nadal, convocado polo Centro cultural

José Domínguez Guizán (Begonte) e dotado con 600 € e estatuíña de

Sargadelos.

O segundo premio, dotado con 300 € e estatuíña de Sargadelos, concedeuse ao

poema Sempre haberá Belén que, co lema O Pombo da chousa grande, foi

presentado por Carlos López Fernández, veciño de Lugo.

Pola calidade dos seus traballos concedéronse cadansúa Mención de honra,

dotada con estatuíña de Sargadelos, ás autoras Rosa Piñeiro (Ávila), polo seu poema Hai un Belén de garda, presentado

baixo o lema Alonit, e Lucía Penalonga Cruz (Lugo),  polo seu poema O neno é galego.

O xurado estivo formado por Jesús Domínguez Guizán, Presidente do Centro

Cultural convocante, Xavier Rodríguez Barrio (poeta), e Xulio Xiz (periodista).

Os premios serán entregados o próximo 30 de xaneiro, sábado, no decurso

dos actos de clausura do Belén Electrónico de Begonte e da XLIV edición de

“O Nadal en Begonte”.